Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto desta alcaldía nº 2881/1997, con data do 19 de xuño de 1997, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual do proxecto de reparcelación do P.P.3 Caavamontes, en Perillo (Oleiros). Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo de vinte días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Durante o dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborais.

Oleiros, 24 de xuño de 1997.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

5464