Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.806

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do contorno de protección da igrexa de Santa María de Penamaior, no concello de Becerreá, provincia de Lugo.

Por Real decreto 2723/1982, do 27 de agosto (Boletín Oficial del Estado do 2 de novembro), foi declarado ben de interese cultural con categoría de monumento a igrexa de Santa María de Penamaior, no concello de Becerreá, provincia de Lugo.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (Diario Oficial de Galicia de 8 de novembro), cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno de protección.

Vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral, así como dos órganos consultivos da Consellería de Cultura e Comunicación Social en materia de bens culturais, sendo uns e outros favorables á incoación do expediente para a delimitación do contorno de protección da igrexa de Santa María de Penamaior, no concello de Becerreá, provincia de Lugo, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente para a declaración da delimitación do contorno de protección da igrexa

de Santa María de Penamaior, no concello de Becerreá, provincia de Lugo, segundo o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola mencionada incoación do xeito que se especifica literal e graficamente nos anexos I e II da presente resolución.

Terceiro.-Continua-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.

Cuarto.-Dar traslado da resolución ó alcalde do Concello de Becerreá, provincia de Lugo, e notificarlle, que segundo o disposto no artigo 10.3 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia a incoación dun expediente para a declaración dun ben de interese cultural determinará, respecto do ben afectado, a aplicación inmediata e provisional do réxime de protección previsto na presente lei para os bens xa declarados. No caso de bens inmobles, ademais, será aplicable o estipulado no artigo 35.1 da presente lei.

Quinto.-Notifica-la presente resolución ós interesados, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Sexto.-A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública

de 1 mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1997.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

Comeza a liña no punto nº 1 situado no eixe do camiño que desde a Nacional VI se dirixe a Penamaior. Desde aquí a liña coincide cos lindeiros norte das parcelas catastrais 384, 385 e 386 ata o punto nº 2 situado no vértice O da parcela 386. Desde aquí a liña coincide con parte do lindeiro O. da parcela catastral 400 ata o punto nº 3 onde fai un desvío para bordea-la parcela catastral 387 polos seus lindes N e O, e a parcela 388 polo seu linde O ata o punto nº 4.

Desde este punto 4 a liña continúa polo lindeiro S das parcelas catastrais 390 e 394 ata o punto 5 situado no vértice O da parcela 363 onde se produce un desvío para rodear esta última parcela polos lindes oeste e sur ata o punto nº 6 situado no ángulo formado polos lindes N e O da parcela catastral 292-a.

Desde este punto 6 a liña bordea os lindeiros O. das parcelas 292-a e 290 ata o punto 7 onde se produce un desvío para bordea-lo lindeiro S da parcela 290 ata o punto nº 8 situado no eixe do camiño que vai desde Penamaior ata Linares.

Desde este punto a liña continúa polos lindeiros SO e SE da parcela 150 e o lindeiro SE da 149-a ata o punto nº 9. Desde este punto 9 a liña continúa bordeando o lindeiro NE da parcela 149-a ata o punto 10, onde se produce un desvío para bordea-los lindeiros SE das parcelas 146-b e 146-a ata o punto nº 11 situado no eixo do camiño antigo que se dirixe a Penamaior.

Desde este punto 11 a liña coincide co eixe deste camiño en dirección a Penamaior ata o punto 12 situado no cruzamento co camiño que desde Penamaior se dirixe a Touzón, ata o punto 13 onde se produce un desvío para bordea-los lindes E das parcelas 30 e 42 e a parcela 31 ata o punto nº 14. Desde este punto a liña coincide cos lindeiros E das parcelas catastrais 70-c,61, 60 e 58 ata o punto nº 15 onde se produce un desvío para continuar bordeando os lindeiros E das parcelas catastrais 57 e 56 ata o punto 16.

Desde este punto 16 a liña coincide co lindeiro N da parcela catastral 56 para chegar ó punto l onde se pecha o ámbito da delimitación.

204