Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 19 de xuño de 1997 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

Exposición colectiva: 800 ptas.

Carmen Chacón: 800 ptas.

Santiago Al-Andalus. Diálogos artísticos para un milenio: 1.000 ptas.

Caderno de melodías populares (1978-1993). Piano: 700 ptas.

Xosé Conde Corbal. «O mar». 800 ptas.

Rogelio Puente (1936-1996). Óleos e debuxos: 1.500 ptas.

Miguel Ángel Macía: 800 ptas.

III Bienal de Lalín.-Pintor Laxeiro: 1.200 ptas.

A nosa literatura infantil e xuvenil 1995: 750 ptas.

Na procura da historia: 300 ptas.

Os votos de Santiago no terceiro caminho da comarca da feira: 1.500 ptas.

5143