Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 10 de xullo de 1997 Páx. 6.796

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se adxudican as axudas para a realización de proxectos de investigación convocadas no anexo I á Orde do 16 de decembro de 1996 (DOG do 30 de decembro).

A Orde do 16 de decembro de 1996 (DOG do 30 de decembro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral do coñecemento prevé, no seu anexo I, a concesión de axudas para realización de proxectos de investigación.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica, creada por Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 30 de xaneiro de 1997 (DOG do 13 de febreiro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación por parte de novos equipos (equipos de iniciación á investigación) ós solicitantes que se citan no anexo I da presente resolución, na contía que se sinalan.

Segundo.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación por parte de equipos consolidados ós solicitantes que se relacionan no anexo II da presente resolución, na contía que se sinala.

Terceiro.-As solicitudes que non figuran relacionadas no anexo da presente resolución e que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, á orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Cuarto.-A Dirección Xeral de Universidades e Investigación adoptará as medidas necesarias para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Quinto.-A insobservación por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 16 de decembro de 1996 suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Sexto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1997.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

ANEXO I

ANEXO II

5205