Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997 pola que se anuncia polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, a redacción dos proxectos de ampliación e reforma IES e bacharelato Santiago Basanta Silva en Vilalba (Lugo) e outro máis.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e E.

2. Obxecto do contrato:

2.1. a) Descrición do obxecto: ampliación e reforma IES e bacharelato Santiago Basanta Silva en Vilalba (Lugo).

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 30 días.

c) Orzamento base de licitación: importe total, 9.824.805 pesetas.

d) Fianza provisional: 2% do orzamento de contrata.

e) Clasificación: non é necesaria.

2.2 a) Descrición do obxecto: ampliación e reforma IES e bacharelato en Sarria (Lugo).

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 30 días.

c) Orzamento base de licitación: importe total, 6.532.836 pesetas.

d) Fianza provisional: 2% do orzamento de contrata.

e) Clasificación: non é necesaria.

3. Obtención de documentación e información.

3.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

3.2. Documentación.

a) Teléfono: (981) 59 26 00.

b) Domicilio: rúa Rosalía de Castro, 45, Santiago de Compostela (A Coruña).

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario. Se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

5. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificio administrativo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil contado a partir do remate do prazo de presentación das proposicións. Se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: a partir das 13.30 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1997.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

4441