Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 08 de xullo de 1997 Páx. 6.615

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 175/1997, do 22 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto detallado da segunda fase desde o p.k. 0,000 ó 2,340 do da E.P. 0205 de Bertamiráns á Ramallosa, variante da Tarroeira-Ortoño-Bugallido.

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión celebrada o día 28 de novembro de 1996, acordou aproba-lo proxecto de detallado da segunda fase desde o p.k. 0,000 ó 2,340 do da E.P. 0205 de Bertamiráns á Ramallosa, variante da Tarroeira-Ortoño-Bugallido e na sesión do día 27 de decembro de 1996, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración

de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A Deputación remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 28 de abril de 1997, baixo o número 5570.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu á información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 14 de abril 1997, nº 4867.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque existen razóns de urxencia que fan necesaria a execución das citadas obras, tal como a existencia de curvas perigosas con pequeno radio con edificacións e vivendas pegadas á estrada, que fai necesaria a execución de dúas variantes, o estado do firme da estrada, o largo da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico etc., co fin de evita-lo altísimo risco de accidentes con perigo para a vida humana.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de maio de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial da Coruña para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto detallado da segunda fase desde o p.k. 0,000 ó 2,340 do da E.P. 0205 de Bertamiráns á Ramallosa, variante da Tarroeira-Ortoño-Bugallido.

Santiago de Compostela, vintedous de maio de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5133