Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de xuño de 1997, do Servicio Provincial de Transportes de Lugo, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (LU-00127-O-97 e catro máis).

Pola presente cédula, notifícanselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que no anexo se sinalan, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa por transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados, de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Lugo, 10 de xuño de 1997.

Antonio Lage González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Lugo

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

LU-00127-O-97

VA-2737-X

G.C. Tráfico

Mudanzas Lara, S.L.

Prado Boyal, 21

47140 Laguna de

Duero (Lagunade

Duero. Valladolid

Circular sen efectua-la interrupción regulamentaria á conducción, reducindo esta a 15 minutos durante un tempo superior a 6 horas, en total 7 horas e 30 minutos. Xúntase o disco diagrama.

3-12-1996; 12.50; N-VI; 490

Artigo 7 do

R (CE) 3820/1985

143 Lei 16/1987

201 R. D.

1211/1990

5.000

ptas.

LU-00312-O-97

LU-4566-D

G.C. Tráfico

Comercial embotelladora, S.A.

Avda. da Coruña, 586 273

Lugo (Lugo)

Circular realizando un transporte en réxime de servicio privado, carecendo da tarxeta de transportes.

5-2-1997; 12.35; C-642; 70

Artigo 103 da

Lei 16/1987

e artigo 158

do R.D. 1211/1990

143 Lei 16/1987

201 R.D.

1211/1990

25.000

ptas.

LU-00318-O-97

LU-0803-M

G.C. Tráfico

Const. López Vilaro, S.L.

Correal, 3

27600 Sarria

Sarria (Lugo)

Circular transportando puntales, carecendo da tarxeta de transportes así coma de tódolos distintivos, vehículo de servicio privado lixeiro.

6-2-1997; 12.07; C-546 34

Artigo 103 da

Lei 16/1987 e

artigo 158

do R.D. 1211/1990

143 Lei 16/1987

201 R.D.

1211/1990

25.000

ptas.

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

LU-00378-O-97

LU-4566-D

G.C. Tráfico

Comercial Embotelladora, S.A.

Avda. da Coruña, 586 273

Lugo

Realizar un transporte de botellas de bebidas, en réxime de servicio privado, carecendo da tarxeta de transportes.

19-2-1997; 10.10; N-634 619

Artigo 103 da

Lei 16/1987 e

artigo 158 do

R.D. 1211/1990

143 Lei 16/1987

201 R.D.

1211/1990

25.000

ptas.

LU-00381-O-97

LU-6221-A

G.C. Tráfico

Manuel Riveiro Ferreiro

Zas de Carreira, s/n

15850 Zas (A Coruña)

Circular transportando madeira, en réxime de servicio privado, carecendo da tarxeta de transportes

20-2-1997; 18.35; C-642 86

Artigo 199,b)

do R.D. 1211/1990

143 Lei 16/1987

201 R,D.

1211/1990

5.000

ptas.

5310