Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 07 de xullo de 1997 Páx. 6.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1997, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública do estudio informativo e do estudio de efectos ambientais da obra estrada de enlace da OU-101, C-536 e N-120. (Clave: N/OU/96.4).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Con

sellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data do 16 de xuño de 1997, o estudio informativo estrada de enlace da OU-101, C-536 e N-120, clave: N/OU/96.4, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado co fin de que as persoas que o consideren oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Ourense, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, no Servicio Provincial de Estradas de Ourense, e nos concellos afectados.

Así mesmo sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento a declaración de efectos ambientais de Galicia; estará á exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial de Medio Ambiente de Ourense e nos concellos afectados.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1997.

Guillermo Grandío Chao

Subdirector xeral de Estradas

4933