Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 19 de agosto de 1996, adoptou o acordo de aprobar definitivamente, de conformidade co informe previo favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o documento refundido de revisión das normas subsidiarias de planeamento deste termo, publicadas integramente no BOP número 250, do 30 de outubro de 1996.

O que se fai público de conformidade co artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, na súa relación dada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro.

Teo, 25 de xuño de 1997.

Armando Blanco Martínez

Alcalde

4774