Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de apertura e urbanización das rúas Blanco Amor e Fontesanta sobre parcela AD do PXOU.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 16 de xuño do 1997 aprobou, co carácter inicial, o proxecto de apertura e urbanización das rúas Blanco Amor e Fontesanta sobre parcela AD do PXOU, promovido mediante iniciativa particular por Complejo Campolongo, S.L., e redactado pola arquitecta Mercedes Maquieira Miguens, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con datas do 18-7-1996, 29-10-1996 e 14-11-1996, documentos estes dous últimos que reforman e anulan os correlativos da documentación anterior, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente incoado na Unidade de Fomento deste concello (rúa Dona Teresa), e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 23 de xuño de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

5287