Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.518

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, a Emilio Manuel Fernández Suárez. (Praza 32/96).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 3 de maio de 1996 (BOE do 10 de xuño), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, a prol de Emilio Manuel Fernández Suárez, DNI 13.736.960, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Emilio Manuel Fernández Suárez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 18 de xuño de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

5158