Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.518

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que terá que resolve-lo concurso da praza 63/96, do corpo de profesores titulares de universidade, convocada por Resolución do 25 de novembro de 1996.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que terá que resolve-lo concurso para a provisión da praza 63/96 de profesor titular de universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo de data 25 de novembro de 1996 (BOE do 20 de decembro) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 18 de xuño de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Praza de: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

Praza número: 63/96.

** Comisión titular:-Presidente: Joan Fontcuberta Gel, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.-Vocal secretaria: Mª Elena Sánchez Trigo, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.-Vocais:

Roberto Dengler Gassin, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Juan Jesús Zaro Vera, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Allison Beeby Lonsdale, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

** Comisión Suplente:-Presidenta: Mª Carmen Enríquez Salido, catedrática de universidade. Universidade de Vigo.-Vocal secretario: Leandro Felíez Fernández, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.-Vocais:

José Luis Rodríguez Fernández, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Joaquín García Palacios, profesor titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Amparo Hurtado Albir, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

5157