Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.505

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o persoal laboral do Concello de Monforte de Lemos.

Visto o texto do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Monforte de Lemos (código 2700772), da provincia de Lugo, asinado o día 12 de maio de 1997, pola parte da empresa en representación do concello o primeiro tenente alcalde e delegado de Facenda e Persoal e pola parte social os representantes dos traballadores (CC.OO. 100%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición do citado convenio colectivo no Rexistro de Convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 23 de maio de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo para o persoal laboral

do Concello de Monforte de Lemos

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O contido do presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal laboral do Concello de Monforte de Lemos.

Capítulo II

Artigo 2º.-Período de vixencia.

A duración do presente acordo será do un de xaneiro ó trinta e un de decembro de 1997, ámbolos dous incluídos. En todo caso anualmente negociaranse: os incrementos retributivos, a clasificación e valoración dos postos de traballo, promoción e carreira administrativa, plans de formación, a contía e distribución dos fondos adicionais e pluses, xornada e horarios, as prestacións sociais e a oferta e o fomento do emprego público.

Capítulo III

Artigo 3º.-Representación sindical.

1. A representación sindical fundaméntase no regulado polo artigo 6.3º c) da Lei 11/1985, de liberdade sindical e o que ó respecto establece a Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores.

2. Este acordo baséase pois na lexitimación que ten CC.OO. en tanto organización sindical con representación maioritaria por única por parte do persoal laboral e os representantes municipais, considerándose ámbalas partes como interlocutores válidose lexítimos para establece-la negociación e sinatura deste convenio colectivo.

Artigo 4º.-Dereitos sindicais.

1. No Concello de Monforte de Lemos será de aplicación no relativo á representación sindical o disposto na Lei 11/1985, de liberdade sindical e a Lei 8/1980 do Estatuto dos traballadores.

2. As partes comprométense a defende-lo respecto ás horas sindicais dos delegados electos ou, se é o caso, dos membros do comité de empresa.

3. As partes comprométense á defensa da libre sindicación e da acción sindical. (Non discriminación, prexuízo ou sanción por razóns de afiliación e exercicio dos dereitos sindicais- Lei orgánica 11/1985).

4. As partes garanten así mesmo o dereito de folga coas limitacións impostas por lei, organizándose e prestándose sempre de modo inescusable os servicios mínimos.

5. As partes comprométense a defender que os representantes sindicais dispoñan de medios para realiza-las súas funcións.

6. As partes defenden as garantías persoais dos representantes sindicais sinaladas na Lei 11/1985 e Lei 8/1980.

7. As partes comprométense a garanti-lo respecto ó dereito de reunión dos empregados públicos, de acordo coa lei e o bo funcionamento dos servicios municipais.

Capítulo IV

Artigo 5º.-Dereitos e deberes.

En canto ós dereitos e deberes do persoal laboral municipal, sométese a toda a lexislación aplicable ata o momento e toda aquela que se dicte durante a vixencia deste acordo e afecte ós empregados públicos locais.

Capítulo V

Artigo 6º.-Calendario laboral.

1. Será o que establezan os organismos competentes da Administración central, autonómica e local. En todo caso, cando nalgunha dependencia do concello se estableza xornada festiva, será extensible a tódolos centros de traballo ou persoal laboral dependente do concello. No caso de non ser así pola natureza do servicio ou polas súas necesidades, compensarase con igual tempo de descanso nos seguintes quince días e se isto non se levase a cabo, economicamente como horas extras.

2. A festividade de Santa Rita, patroa da Administración local, é festa non recuperable.

Artigo 7º.-Xornada.

1. A xornada laboral común será de 37,5 horas semanais de luns a venres, e cunha marxe de flexibilidade de entrada recupable á saída de quince minutos.

2. Recóllese a aspiración sindical do horario de 35 horas semanais, quedando pendente a súa aplicación da legalidade desta medida.

3. Durante os días que oficialmente duren as festas patronais de Monforte de Lemos, a xornada laboral de luns a venres será a abranguida entre as 8.30 e as 14.30 horas, aplicándose esta reducción en igual medida ós restantes horarios do persoal laboral.

4. Nos supostos de prestación de servicios en quendas, estes serán negociados sindicalmente, oídos os traballadores afectados, e en caso de que se presten servicios en días inhábiles serán compensados economicamente como se fosen dous días de traballo segundo o valor hora.

5. Todos aqueles traballadores que por razón de servicio se vexan obrigados a traballar nas datas: Martes de Entroido, Venres Santo, 15 de agosto, 24 de decembro e 31 de decembro, serán compensados na nómina do mes seguinte cunha cantidade de 10.000 pesetas.

6. Existirá durante e xornada diaria un período de descanso de trinta minutos non recuperables.

7. O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada, o persoal se encontre nas dependencias onde desenvolve o seu traballo.

Artigo 8º.-Vacacións.

1. As vacacións anuais retribuídas terán a duración dun mes e desfrutaranse entre os meses de xuño a setembro, ámbolos dous incluídos, agás que o interesado solicitase desfrutalas en calquera outro mes. Se por razóns do servicio non puidesen desfrutarse neses perío

do, aboarase o equivalente ó haber íntegro de 15 días como compensación.

2. En caso de enfermidade sobrevida durante o período vacacional este verase suspendido nesa data mediante a correspondente xutificación médica de baixa.

3. O calendario de vacacións deberá estar elaborado dentro do primeiro trimestre de cada ano.

Artigo 9º.-Permisos.

1. En materia de permisos, ó persoal laboral do Concello de Monforte de Lemos seralle de aplicación o establecido no artigo 30 da Lei 30/1984 e artigo 70 da Lei da función pública de Galicia.

2. Con independencia do anterior, tódolos traballadores disporán durante o ano dun período de permiso retribuído de nove días que se desfrutarán en dous períodos de catro e cinco días, preferentemente en Semana Santa e Nadal, axustándose ás necesidades do servicio. En caso de persoal que realiza o servicio por quendas estes días poderán ser incorporados no calendario do servicio anual para unha mellor adaptación deste.

Artigo 10º.-Licencias.

1. Con carácter xeral desfrutaranse as licencias establecidas na lexislación vixente.

2. As licencias por enfermidade darán lugar a licencias de ata un ano con plenitude de dereitos económicos. Tal enfermidade deberá acreditarse con parte de baixa a partir do cuarto día, e con xustificante antes, e cada sete días presentarase parte de continuidade de baixa. Transcorrido o ano será o alcalde presidente quen optará, logo de dictame da representación sindical correspondente, por prorrogalo nesas condicións ou inicia-los trámites por incapacidade, podendo instar ó interesado a que así mesmo a tramite, so pena de privalo da totalidade da cobertura.

3. En tódolos casos o alcalde presidente poderá efectua-la comprobación de baixas por enfermidade dos traballadores municipais cando o considere oportuno, a través dos facultativos que designe.

Capítulo VI

Artigo 11º.-Situacións administrativas.

Nesta materia aplicarase, para o persoal funcionario, artigo 29 da Lei 30/1984, na Lei 4/1988, da función pública de Galicia, no artigo 140 do Real decreto 730/1986, por remisión do artigo 140 do R.D.L. 781/1986.

Capítulo VII

Artigo 12º.-Retribucións.

1. Para o ano 1997 as retribucións non sufrirán ningún incremento cos orzamentos xerais do Estado para 1997.

2. As pagas extraordinarias serán igual ó 100 por 100 das retribucións íntegras de cada traballador.

3. Establécese unha cláusula de garantía salarial, no marco da lexislación vixente, que terá en conta calquera desviación que poida producirse sobre a inflación prevista para cada ano para efectos de ulteriores incrementos retributivos. Ten como obxecto básico que os

traballadores non perdan poder adquisitivo polos incrementos reais do IPC.

4. Calquera incremento que o Estado ou a Xunta de Galicia aplicará ós empregados públicos, ben porcentual ou en forma de paga única, será de inmediata aplicación e consolidarase nas retribucións dos traballadores do Concello de Monforte de Lemos.

5. Engadirase como anexo II ó presente convenio as táboas salariais aprobadas nos orzamentos xerais do Concello de Monforte de Lemos para o ano 1997.

Artigo 13º.-Condicións económicas.

Anualmente negociaranse as retribucións para os efectos sinalados no artigo 11 deste convenio. A meta final da negociación é a aplicación do réxime retributivo que supoña unha total homologación salarial de tódolos empregados públicos do concello, combinándoo coa descrición e valoración dos postos de traballo, dentro dun sistema de promoción profesional que corresponda tanto ós intereses da corporación como ós dos traballadores.

Artigo 14º.-Indemnizacións.

1. A percepción de indemnizacións (axudas de custo, gastos de viaxes, asistencias, etc.) axustaranse á normativa legal vixente en cada momento e que sexa de aplicación ó persoal funcionario.

Artigo 15º.-Gratificacións.

1. Establécense premios especiais de antigüidade a tódolos traballadores na seguinte forma: na nómina en que se cumpran os cinco trienios un premio de 30.000 pesetas, e na que se cumpran os oito trienios un premio de 75.000 pesetas. Tal premio aplicarase durante o presente exercicio a aqueles que cumprisen anteriormente á sinatura deste convenio os mencionados períodos de tempo ó servicio da entidade local.

2. Establécese un premio especial por xubilación por idade ou incapacidade permanente de 300.000 pesetas, despois de ser aprobada a correspondente xubilación polos servicios do INSS ou organismo competente.

Artigo 16º.-Horas extraordinarias.

1. Os traballos extraordinarios que deban realizarse fóra da xornada laboral establecida, e que en ningún caso terán o carácter de periódicos e fixos, unicamente se realizarán en casos realmente necesarios e aceptados polo persoal afectado, agás supostos de recoñecida urxencia. Disto darase conta ós delegados de persoal. Os ditos traballos serán compensados con gratificacións. A contía das gratificacións por servicios especiais e extraordinarios calcúlanse segundo o seguinte criterio:

-O valor hora calcularase segundo a fórmula establecida na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 1992.

-O valor da hora extra normal calcúlase incrementando o valor hora nun 75%.

-O valor da hora extra festiva calcúlase incrementando o valor hora nun 150%.

-Establécese a prohibición de realización de horas extras en período nocturno coa excepción de supostos de extrema necesidade, nestes casos o valor da hora extra nocturna calcúlase incrementando o valor hora nun 150%.

2. O número de horas traballadas fóra da xornada normal non poderá nunca excede-los límites de 80 ó ano por cada traballador, agás supostos xustificados de prevención ou reparación de sinistros ou outros danos extraordinarios urxentes.

3. A mesma valoración aplicarase se as horas se consideran por criterios de productividade e se aboan mediante o complemento de productividade.

Artigo 17º.-Nómina.

Tódalas percepcións dos traballadores realizaranse a través da nómina, establecéndose a prohibición de facelo doutra maneira. O cobramento da nómina deberá conter tódolos datos persoais precisos e os conceptos retributivos detallados, así como o importe bruto, das deduccións e o líquido, procurando nisto a maior transparencia e claridade posibles.

Capítulo VIII

Artigo 18º.-Promoción de emprego.

1. A corporación comprométese a crear prazas de carácter fixo cando como producto da ampliación ou nova creación de servicios se acode a contratacións temporais reiteradas.

2. Compromiso por parte do concello de informar ós delegados sindicales sobre os seus plans e previsións de cubrir mediante contrato prazas vacantes.

3. Compromiso por parte do concello de cubrir vacantes de persoal laboral que se produzan na primeira oferta pública de emprego, a excepción daquelas prazas consideradas «a extinguir».

Artigo 19º.-Acceso.

1. Toda selección de persoal deberá efectuarse mediante os sistemas legalmente establecidos, garantindo os principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

2. A selección do persoal laboral, fixo ou contratado, deberá realizarase conforme a oferta pública de emprego do concello polo sistema de oposición ou concurso-oposición e, excepcionalmente, o de concurso.

3. Nos tribunais haberá un representante de persoal designado polo alcalde presidente por proposta dos delegados sindicais, debendo posuír titulación académica ou profesional igual ou superior á esixida para acceder á praza convocada.

4. O Concello de Monforte de Lemos cumprirá estrictamente a Lei 1/1991, do 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación.

Artigo 20º.-Promoción.

1. Dáselle prioridade á promoción interna, parte fundamental da promoción profesional, facilitando o ascenso dos traballadores dunha categoría inferior a unha superior tras supera-las probas determinadas que se establezan. A corporación comprométese a reserva-lo 60% de prazas para promoción interna con anterioridade á aprobación da OPE.

2. Nas bases que se elaboren adoptaranse as medidas precisas para reduci-los programas e/ou exercicios do procedemento selectivo que se trate.

3. Nos tribunais ou comisións de valoración haberá un representante do persoal laboral designado polo alcalde presidente por proposta dos delegados sindicais.

Artigo 21º.-Provisión de postos de traballo.

O concello comprométese a crear no cadro de persoal orgánico do persoal laboral os postos de traballo necesarios para a prestación de servicios profesionais de carácter permanente.

Capítulo IX

Artigo 22º.-Formación.

1. Páctase o establecemento de fondos na corporación para a formación dos traballadores, destinados prioritariamente á reciclaxe profesional e adaptación a novas tecnoloxías. Páctase así mesmo a participación sindical na programación dos plans de formación.

2. No plan de formación que se pacte teranse en conta tres obxectivos: formación permanente do persoal no seu traballo e reciclaxe profesional. Formación dirixida á promoción profesional e formación dirixida ó medio municipal para a mellora do servicio.

3. Todo isto sen prexuízo dos apoios regulados neste convenio con esta finalidade formativa (réxime de licencias, indemnizacións, axudas para estudios, etc.). Polo tanto, o concello comprométese a dar facilidades ós seus traballadores para a asistencia a cursos en que estean matriculados e coincidan coa xornada laboral respectando as necesidades do servicio.

4. O tempo dedicado á adaptación a novas tecnoloxías e reciclaxe profesional organizado polo concello ou as distintas acedemias autonómicas considerarase como de traballo efectivo, excepto que teña outro encaixe legal (comisión de servicios, etc.).

5. Á marxe da valoración que a lexislación vixente dá ós cursos de formación e perfeccionamento, o concello teraos en conta para os baremos de promoción interna.

Capítulo X

Artigo 23º.-Creación dun fondo social municipal.

1. Nos orzamentos do concello consignarase con carácter de fondo social unha cantidade global como partida orzamentaria que deberá ser equivalente ó 3% da masa salarial, sen prexuízo da revisión anual con base no incremento real do IPC.

2. Con cargo ó fondo social crearanse bolsas de estudios para cubri-los gastos orixinados como consecuencia dos estudios que realicen os traballadores, os seus cónxuxes, fillos e orfos en tódolos niveis do ensino. Se fose preciso elaboraranse bases de concurso para a súa concesión con participación social.

3. Así mesmo, entrará dentro do fondo a axuda para a adquisición de primeira vivenda, que deberá servir de residencia habitual e permanente do solicitante. O financiamento será sobre os xuros, sendo o tanto por cento tope un 5% a partir dun 6% inicial que aboará o interesado. Sempre se terá en conta o nivel de renda familiar do solicitante. Se fose necesario elaboraranse bases de concurso para a súa concesión con participación sindical.

En todo caso será condición inescusable para obter esta axuda ter concedido un préstamo por unha entidade financeira e ter satisfeito os xuros no ano en que se solicita a axuda.

Artigo 24º.-Póliza de vida e accidentes.

O concello subscribirá para tódolos seus traballadores unha póliza de vida e accidentes.

Artigo 25º.-Asistencia xurídica.

O concello comprométese a prestar asistencia xurídica ó seu persoal nos supostos de conflictos xurdidos con terceiros como consecuencia da prestación dos seus servicios.

Artigo 26º.-Prestacións médicas.

O concello comprométese a satisfacer ó persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio o 100 por 100 do importe do prezo dos elementos médicos (exceptuando medicamentos que seguen a normativa vixente) prescritos por facultativos colexiados como ocasión de tratamentos odontolóxicos, ópticos, ortopédicos, etc., agás que tal prestación se encontrase recoñecida pola Seguridade Social. Nestes casos o concello complementará ata o 100 por 100 as diferencias entre custo real e a achega establecida pola Seguridade Social.

Artigo 27º.-Anticipos.

1. O concello, a pedimento do interesado, concederá ós traballadores cantidades sobre o total das súas retribucións no concepto de axuda económica; a súa devolución efectuarase mediante deduccións mensuais en nómina e sen que xeren ningún tipo de xuros. Para tal fin, no orzamento ordinario, o concello consignará para os traballadores unha cantidade que poida facer fronte a un anticipo para un tercio deles.

No caso de urxente necesidade poderá percibirse o 90% das retribucións mensuais ordinarias en concepto de anticipo por resolución do alcalde presidente. A dita cantidade reterase en nómina automaticamente no mesmo mes.

2. A contía dos citados anticipos será de ata seis mensualidades, cun tope máximo de 1.000.000 de ptas. Sendo o tempo máximo de amortización de 40 mensualidades, podendo o interesado acollerse a un tempo inferior.

3. Nos supostos de xubilación, o período máximo de amortización non poderá exceder en ningún caso a data en que se produza legalmente a xubilación.

4. Non se concederán novos anticipos ata que o interesado amortizase o 100% do anterior anticipo concedido.

5. Para a concesión do anticipo o interesado debe acreditar que se destina a investimentos para adquisición ou mellora de vivenda propia ou para gastos de enfermidade do solicitante, o seu cónxuxe, fillos ou persoas dependentes do mesmo economicamente.

Capítulo XI

Artigo 28º.-Saúde, seguridade e condicións de traballo.

1. En materia de saúde laboral, seguridade e condicións de traballo aplicarase o disposto na Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, así como o previsto

na instrucción do 26-2-1996 da Secretaría de Estado para as Administracións Públicas e calquera outra normativa que puidese publica-la Xunta de Galicia ó respecto.

2. O concello orzará anualmente unha cantidade destinada a cubri-la saúde e seguridade dos seus traballadores, con participación dos representantes sindicais na súa xestión.

3. Efectuarase unha revisión médica anual por conta do concello que será de carácter voluntario para os traballadores. O resultado enviarase directamente ó domicilio do traballador, sen que o concello reciba comunicación do seu resultado.

4. Para efectos estatísticos e de saúde laboral, o concello e o comité de saúde, seguridade e condicións de traballo poderá solicita-los datos globais das revisións médicas.

5. O concello comprométese a facilita-la roupa de traballo e o calzado profesional homologado e de uso obrigatorio ó seu persoal e o cal se detalla no anexo I do presente convenio.

Capítulo XII

Artigo 29º.-Réxime disciplinario.

1. A imposición de sancións por faltas graves e moi graves, requirirá a realización dun expediente disciplinario, no que o procedemento, a tramitación e os termos son os seguintes:

a) Cando o concello coñeza a comisión de feitos presuntamente constitutivos de falta grave ou moi grave, a Alcaldía acordará a incoación, se é o caso, de expediente disciplinario. O referido acto, que se deberá comunicar por escrito ós delegados sindicais e ó interesado ou interesados interromperá os prazos legais de prescrición de faltas e infraccións.

b) No mesmo acto de incoación de expediente acordarase o nomeamento e designación de instructor do procedemento quen ordenará a práctica de cantas dilixencias sexan adecuadas para a determinación e comprobación dos feitos e, en particular, de cantas probas poidan conducir ó seu esclarecemento e a determinación das responsabilidades susceptibles de sanción.

O instructor, como primeiras actuacións, procederá a recibir declaración do presunto inculpado e a redactar cantas dilixencias se deduzan da comunicación ou denuncia que motivou a incoación do expediente e do que aquel alegou na súa declaración.

O concello está obrigado a facilitarlle ó instructor os antecedentes e informes necesarios, así como os medios persoais e materiais que precise para o desenvolvemento da súa actuación.

c) Nun prazo non superior a un mes desde o inicio do expediente, o instructor proporalle ó alcalde o arquivo das actuacións ou elaborará un prego de cargos, que lle será notificado respectivamente, segundo o caso, ó interesado ou interesados, ós delegados sindicais e ó sindicato correspondente.

O prego de cargos incluirá os feitos imputados con expresión, se é o caso, da falta presuntamente cometida e das sancións que puidesen ser de aplicación. O ins

tructor poderá, por causas xustificadas, solicita-la ampliación do prazo referido.

d) O prego de cargos notificaráselle ó inculpado e concederáselle un prazo de dez días para que poida contestalo coas alegacións que considere convenientes para a súa defensa achegando, así mesmo, cantos documentos considere de interese. Neste trámite deberá solicitar, se o considera conveniente, a práctica das probas que para a súa defensa crea necesaria.

e) Contestado o prego ou transcorrido o prazo sen facelo, o instructor poderá acorda-la práctica de probas solicitadas que xulgue oportunas, así como todas aquelas que considere pertinentes. Para a práctica das probas disporase do prazo dun mes.

Os feitos relevantes para a resolución do procedemento poderán acreditarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

f) Cumpridas as dilixencias previstas neste artigo daráselle vista do expediente ó inculpado con carácter inmediato para que no prazo de dez días alegue o que considere pertinente para a súa defensa e achegue cantos documentos considere de interese. Cando o inculpado así o solicite facilitaraselle unha copia completa do expediente.

g) O instructor formulará dentro dos dez días seguintes a proposta de resolución, da que se lle dará traslado ós delegados sindicais así como ó interesado e na que se fixarán con precisión os feitos probados, motivando, se é o caso, a denegación das probas propostas polo inculpado, e fará a valoración xurídica dos feitos, determinando, se procede, a falta cometida, a responsabildiade do traballador e a sanción que xulgue procedente impoñer.

A proposta de resolución notificaráselle ó interesado, para que no prazo de dez días, poida alegar perante o instructor todo canto considere pertinente para a súa defensa.

Oído o inculpado ou transcorrido o prazo sen que haxa ningunha alegación, remitiráselle con carácter inmediato o expediente completo ó órgano que acordou a incoación do expediente, o cal llo remitirá ó pleno do concello que dictará a resolución que corresponda ou, se ó o caso, ordenaralle ó instructor a práctica das dilixencias que considere necesarias.

Desta resolución, daráselle conta ó interesado, ós delegados de persoal e ó sindicato que pertenza, se fose o caso.

h) A omisión do procedemento aquí descrito determinará a nulidade do expediente, cando produza indefensión do interesado.

2. A sanción de faltas que non precisen a incoación de expediente disciplinario, comunicaráselle ós delegados sindicais, con tres días hábiles de antelación á notificación ó interesado.

3. As faltas ou infraccións cometidas polos traballadores terán a consideración de leves, graves e moi graves, e serán encadradas en cada apartado as mesmas que se determinen para o persoal funcionario.

4. As sancións que poderán impoñerse, en función da cualificación das faltas, serán as mesmas que se determinen para o persoal funcionario.

5. O órgano competente para a imposición de sancións disciplinarias será o pleno da corporación reunido en sesión extraordinaria para o efecto.

6. Non non previsto neste artigo, aplicarase o disposto para tal efecto para os funcionarios do concello, actuando como normativa supletoria o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios ó servicio da Xunta de Galicia.

Capítulo XIII

Artigo 30º.-Conflictos e interpretación.

1. No caso de conflicto ou interpretación do presente convenio reunirase unha comisión paritaria concello-delegados sindicais que resolverá as cuestións que se presenten.

2. A comisión paritaria reunirase a pedimento de calquera das dúas partes.

3. No suposto que dentro da comisión paritaria non se chegase a un acordo interpretativo sobre as materias obxecto de estudio, someteríase a criterio da xurisdicción laboral competente.

ANEXO I

VESTIARIO

* Cemiterio:

2 conxuntos de cazadora-pantalón de verán.

2 conxuntos de cazadora-pantalón de inverno.

2 camisas de manga longa.

2 camisas de manga curta.

1 funda de exhumación.

1 par de zapatos.

1 par de botas.

1 par de botas de auga.

Guantes e máscaras.

1 traxe completo de auga.

4 pares de calcetíns.

* Parques e xardíns e servicio de augas:

1 conxunto de chaqueta e pantalón.

1 funda.

2 camisas.

1 par de botas.

1 par de botas de auga.

1 par de zapatos.

Guantes.

1 anorak (cada dous anos).

4 pares de calcetíns.

* Vías e obras:

1 conxunto de cazadora-pantalón.

1 funda.

1 par de botas.

1 par de botas de auga.

2 camisas.

1 par de zapatos.

1 funda especial para alcatranado.

1 anorak (cada dous anos).

Guantes.

4 pares de calcetíns.

Aqueles servicios que non aparecen recollidos nesta relación terán un vestiario similar ó daquel máis semellante, tendo en conta as tarefas que van realizar.

ANEXO Ó CAPÍTULO II, ARTIGO 2 DO CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE MONFORTE

Denuncia.

O presente convenio prorrogarase automaticamente de non existir denuncia por escrito por calquera das partes cun período de antelación de dous meses.

No caso de denuncia prorrogarase ata a aprobación do que o substitúa.

ANEXO II

PERSOAL LABORAL

Posto T.

Nome e apelidos

Soldo

Trienios

NºImporte

Total

básicas

Complem.

convenio

Toxicid.

Pagas

extras

Total

Complem.

Total

xeral

Persoal laboral de cadro

Subfun. 121. Administración xeral
Aux. Admvo.Vacante1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392
Aux. Admvo.Vacante1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392

Suma administración xeral2.202.2282.202.2282.769.048461.5083.230.5565.432.784

Subfun. 432. Urbanismo
OficialJosé Manuel Gallego Felípez (1)1.101.114 256.1601.157.2741.101.732183.6221.285.3542.442.628

Suma urbanismo1.101.11456.1601.157.2741.101.732183.6221.285.3542.442.628

Subfun. 434. Parques e xardíns
PeónJosé Belón Arias1.005.228 373.7101.078.9381.026.324171.0541.197.3782.276.316
PeónJosé Luis Rodríguez Rodríguez1.005.228 373.7101.078.9381.026.324171.0541.197.3782.276.316
PeónJaime Sánchez Navarro1.005.228 373.7101.078.9381.026.324171.0541.197.3782.276.316

Suma parques e xardíns3.015.684221.1303.236.8153.079.068513.1783.592.2466.829.060

Subfun. 441. Abastecemento de augas
OficialJuan Raúl González Rodríguez (2)1.101.114 9290.1601.391.274 717.312388.008184.2201.289.5402.680.814
OficialAntonio Prieto Álvarez1.101.114 398.2801.199.394 717.312385.164183.7461.286.2222.485.616

Suma abastecemento de augas2.202.228388.4402.590.6681.434.624773.172367.9662.575.7625.166.430

Subfun. 451. Promoción e difusión da cultura
Animador Cult.Carlos Rodríguez Fernández (3)1.346.646 3112.1601.458.8061.696.332282.7221.979.0543.437.860

Suma promoción e difusión da cultura1.346.646112.1601.458.8061.696.332282.7221.979.0543.437.860

Subfun. 611. Administración financeira
Aux. Admvo.Vacante1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392
Aux. Admvo.Vacante1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392

Suma administración financeira2.202.2282.202.2282.769.048461.5083.230.5565.432.784

Posto T.

Nome e apelidos

Soldo

Trienios

NºImporte

Total

básicas

Complem.

convenio

Toxicid.

Pagas

extras

Total

Complem.

Total

xeral

Persoal laboral eventual

Subfun. 121. Administración xeral
Aux. Admvo.Fernando Cao Pérez1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392
Aux. Admvo.Mª Luisa Quiroga Dapena1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392

Suma administración xeral2.202.2282.202.2282.769.048461.5083.230.5565.432.784

Subfun. 313. Servicios sociais
Asistente S.Gloria Otero Saco1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392

Suma servicios sociais1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392

Subfun. 432. Urbanismo
OficialVictoriano Estrada González1.101.1141.101.1141.098.276183.0461.281.3222.382.436
OficialJosé Ramón Rodríguez Rodríguez1.101.1141.101.1141.098.276183.0461.281.3222.382.436
OficialJosé Luis Fernández Rodríguez1.101.1141.101.1141.098.276183.0461.281.3222.382.436

Suma urbanismo3.303.3423.303.3423.294.828549.1383.843.9667.147.308

Subfun. 434. Parques e xardíns
PeónJosé Antonio Fernández Fernández1.005.2281.005.2281.023.756170.6261.194.3822.199.610

Suma parques e xardíns1.005.2281.005.2281.023.756170.6261.194.3822.199.610

Subfun. 441. Abastecemento de augas
CobradoraConcepción Enríquez Vázquez1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392
FontaneiroJuan Antonio Pérez Pérez1.101.1141.101.1141.098.276183.0461.281.3222.382.436
PeónDositeo López Vázquez1.005.2281.005.2281.023.756170.6261.194.3822.199.610
PeónJesús Pol Rodríguez1.005.2281.005.2281.023.756170.6261.194.3822.199.610
Lect. Condador.José Aira López1.005.2281.005.2281.023.756170.6261.194.3822.199.610
Lect. contadorLuis de la Fuente Rodríguez1.005.2281.005.2281.023.756170.6261.194.3822.199.610

Suma abastecemento de augas6.223.1406.223.1406.577.8241.096.304 7.674.12813.897.268

Subfun. 451. Promoción e difusión da cultura
OrdenanzaFrancisco Javier Rodríguez Casares1.005.2281.005.2281.023.756170.6261.194.3822.199.610
Prof. gaitaEmilio Estévez Núñez1.005.2281.005.2281.025.616170.6261.196.5522.201.780
Prof. danzaAntonio Fernández Milo (4) 502.614 502.614 512.808157.272 670.0801.172.694
Prof. músicaFernando Sanmartiño Pérez (5) 251.300 251.300 256.404 42.734 299.138 550.438

Suma promoción e difusión da cultura2.764.3702.764.3702.818.584541.5683.360.1526.124.522

Subfun. 611. Administración financeira
Aux. Admvo.Myriam Amparo Castro Casas1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392
Aux. Admvo.Inés López Salgueiro1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392

Suma administración financeira2.202.2282.202.2282.769.048461.5083.230.5565.432.784

Subfun. 751. Turismo
Aux. Admvo.Mónica Domínguez Fernández1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392
Aux. Admvo.Mª Rocío González Mira1.101.1141.101.1141.384.524230.7541.615.2782.716.392

Suma turismo2.202.2282.202.2282.769.048461.5083.230.5565.432.784

Observacións:

(1) Devengo do 2º trienio con efectos de 1-5-1997.

(2) Devengo do 9º trienio con efectos de 1-3-1997.

(3) Devengo do 3º trienio con efectos de 1-10-1997.

(4) Contrato a tempo parcial.

(5) Contrato a tempo parcial.

5376