Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 04 de xullo de 1997 Páx. 6.498

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xuño de 1997 pola que se adxudican subvencións para as escolas de música públicas de poboacións de máis de 50.000 habitantes.

Por Orde do 10 de febreiro de 1997 (DOG do 9 de abril), convócanse axudas para subvenciona-las actividades desenvolvidas ou que tivesen previsto desenvolver, durante o ano 1997, as escolas de música públicas de poboacións de máis de 50.000 habitantes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Constituída a comisión encargada de valora-las solicitudes de axuda recibidas, segundo establece o punto sétimo da orde de convocatoria, trala súa análise e valoración e presentada a correspondente proposta de adxudicación, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlle á escola de música pública dependente do concello de Vigo axuda económica por importe de 10.000.000 de pesetas. (Dez millóns de pesetas).

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento da axuda, o beneficiario presentará na correspondente delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, antes do 30 de xullo de 1997, a completa xustificación dos gastos realizados.

Santiago, de Compostela, 17 de xuño de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

5243