Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

ANUNCIO sobre a aprobación definitiva da modificación puntual das NN.SS. na urbanización Taboada Roca.

A Corporación Municipal en Pleno na sesión celebrada o día 6 de xuño de 1997, adoptou o acordo por maioría absoluta, de aprobar definitivamente a modificación puntual das NN.SS. da urbanización Taboada Roca, conforme consta e se describe na documentación técnica que consta no expediente, redactada polo arquitecto Manuel Peleteiro Bandín, por instancia municipal e logo de informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 28 de abril de 1997.

Faise constar que este acordo esgota a vía administrativa e poderase interpoñer contra el recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día en que apareza este anuncio no Diario Oficial de Galicia; en tal caso, deberá comunicárselle previamente por escrito a esta alcaldía, de conformidade co establecido no artigo 110.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, así como calquera outro que se considere procedente.

O que se fai público en cumprimento do establecido na Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia.

Melide, 9 de xuño de 1997.

Miguel R. Pampín R.

Alcalde

4769