Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 2-6-1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela sita na Avda. Carrero Blanco, 63 e Santo Eufrasio, por solicitude de Salustiano Rábade Fernández.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 5 de xuño de 1997.

Visto e prace

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

4770