Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede ó centro de formación ocupacional de Bamio, ISM a renovación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I e IG-II.

Vista a solicitude presentada por Jesús Pérez López, en representación do centro de formación ocupacional de Bamio, ISM e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa renovada a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos de instaladores de gas grupo IG-I e IG-II.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE 9-1-1986).

Ó considerar que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos, esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Outorgarlle a centro de formación ocupacional de Bamio, ISM a renovación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas IG-I e IG-II, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, presentará perante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarifas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a suá actividade, unha memoria anual

de actuacións e nesta dirección xeral un resumo destas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante esta Dirección Xeral de Industria e Comercio o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1997

Joaquín del Moral Crespo

Dirección xeral de Industria

4961