Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Xoves, 03 de xullo de 1997 Páx. 6.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/114-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información publica a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderzo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: variante L.M.T., Subt. a 20 kV C.T. 400 kVA Chaínza-estrada Argalo.

Situación: Noia.

Descricións técnicas: variante de liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo, e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3 (1x240) mm Al, de 365 m, co orixe no apoo número 18

da liña que alimenta o centro de transformación (C-T-) Bergondo e final en derivación C.T. Chaínza. Variante mesmas características, de 5 m, desde liña Son-San Bernardo e final no C.T. Chaínza-estrada de Argalo. Centro de transformación en planta baixa edificio vivendas, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV denominado Chaínza. Concello de Noia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5206