Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Tins ou Santabaia, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do expediente DH.A15.7269 (6/201/3).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 119, do 23 de xuño de 1997, cómpre efectua-las oportunas modificacións:

Na páxina 5.987, no sumario; na páxina 6.031, no encabezamento da resolución e no parágrafo seguinte; e na páxina 6.032, no anexo, onde di: «río Tins», debe dicir: «río Tines».

Na páxina 6.031, no parágrafo que comeza: «O prazo comezará a contarse...», onde di: «BOP de Lugo», debe dicir: «BOP da Coruña».

Na mesma páxina, no segundo parágrafo, na liña dez, debe suprimirse: «cos seus propietarios».

5059