Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 02 de xullo de 1997 Páx. 6.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de maio de 1997 pola que se anuncia o sometemento a información pública das peticións de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Castro, xunto cos proxectos e estudios de avaliación medioambiental do expediente DH.A36.3201 (3/273/19).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 119, do 23 de xuño de 1997, cómpre efectua-la oportuna modificación:

Na páxina 6.033, no parágrafo que comeza: «O prazo comezará a contarse...», onde di: «BOP de Lugo», debe dicir: «BOP de Pontevedra».

Na páxina 6.034, no parágrafo relativo á cámara de carga, onde di: «cota 141,8», debe dicir: «cota 414,8»; no parágrafo relativo ós equipos electromecánicos, onde di: «salto de 60,8 m», debe dicir: «salto de 66,8 m».

5058