Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

BASES que rexerán o concurso para cubrir polo procedemento de promoción interna unha praza de cabo da policía municipal de Cervo.

Normas previas.

a) As presentes bases formúlanse con fundamento no artigo 25.5 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, do Parlamento de Galicia, de coordinación das policías locais, que establece que «A promoción interna dun posto que non implique cambio de escala verificarase mediante concurso de méritos entre os funcionarios de emprego inmediatamente inferior que tivesen prestado polo menos dous anos de servicio neste posto e concello onde se produce a vacante, superando, en todo caso, un curso de aptitude na Academia Galega de Seguridade».

b) A praza de cabo obxecto da presente convocatoria está incluída no cadro de persoal desta corporación e vacante, en canto á súa titularidade.

Base 1ª.-Normas xerais.

Convócase concurso para a promoción interna a unha praza de cabo da policía local, escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, escala executiva da policía local, praza vacante no cadro de persoal deste concello.

Corresponderalle ó funcionario que obteña a praza o exercicio das funcións previstas na lexislación de réxime local, na Lei 2/1986, do 13 de marzo, dos corpos e forzas de seguridade do Estado, na Lei 3/1992, do 23 de marzo, da Xunta de Galicia, de coordinación das policías locais, ó igual que todas aquelas competencias e funcións que veñan establecidas na restante lexislación e lle sexan encomendadas pola Alcaldía.

O presente concurso rexerase no non previsto nestas bases polo disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, na Lei 30/1984, do 2 de agosto, no R.D. 364/1995, do 10 de marzo, na Lei 3/1992, de coordinación das policías locais da Xunta de Galicia, no Decreto 121/1995, do 20 de abril, polo que se aproban os criterios básicos de selección, formación, promoción e mobilidade dos membros das policías locais.

Base 2ª.-Requisitos dos candidatos.

Para ser admitidos ó concurso, os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español, sen prexuízo, se é o caso, do disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro.

b) Ter cumpridos dazaoito anos e non ter unha idade na que falten menos de dez anos para a xubilación forzosa por razón de idade, determinada na lexislación estatal básica.

c) Posuí-lo título de graduado escolar ou formación profesional de primeiro grao ou atoparse en con

dicións de obtelo antes da data de remate do prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio das funcións propias correspondentes.

e) Non acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas nin ter sido separado do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

f) Posuí-los permisos de conducir das clases A2, B1 e B2.

g) Ter prestado como mínimo dous anos de servicio no posto de garda da policía municipal do Concello de Cervo.

Os requisitos anteriormente establecidos deberaos posuí-los aspirante no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias, debendo continuar en posesión deles durante todo o proceso selectivo.

Base 3ª.-Solicitudes.

3.1. Os que desexen tomar parte no presente concurso deberán presenta-las instancias conforme o modelo que se facilitará nas dependencias municipais na que manifestarán que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base segunda e comprometeranse, para o caso de obte-la praza, a prestar xuramento ou promesa conforme o Real decreto 70/1979, do 5 de abril.

3.2. As solicitudes dirixiranse ó alcalde-presidente da corporación e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello debidamente reintegradas co selo municipal e no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE. Achegarase unha fotocopia do DNI.

3.3. As instancias tamén se poderán presentar na forma prevista no artigo 38 nº 4 e 6 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.4. As instancias irán acompañadas da documentación acreditativa dos méritos alegados. Os méritos acreditaranse fidedignamente a través de certificación expedida por funcionario ou autoridade competente ou ben cotexando os orixinais da documentación onde conste ou fotocopias debidamente cotexadas deles. A falta de acreditación dos méritos determinará a imposibilidade da súa valoración.

3.5. Os dereitos de participación no proceso selectivo serán de 15.000 ptas., que se deben aboarse na tesourería municipal; o xustificante de ingreso dos dereitos terá que xuntarse ás instancias presentadas.

Base 4ª.-Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde-presidente do Concello de Cervo dictará resolución na que:

a) Declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, na que fará consta-lo nome, apelidos e número

do documento nacional de identidade dos concursantes e indicará, se procede, as causas de exclusión dos declarados excluídos e o prazo de rectificación que se lles conceda, de acordo co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro; se non houbera reclamacións contra a lista provisional, quedará elevada a definitiva.

b) Nomee, de acordo coas presentes bases, as persoas que teñan que formar parte do tribunal avaliador.

c) Determine o lugar, data e hora de constitución do tribunal e de comezo do proceso selectivo.

Esta resolución será publicada no BOP e servirá de emprazamento ós opositores para o comezo das probas selectivas.

Base 5ª.-Tribunal avaliador.

5.1. O tribunal cualificador estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

Vocais:

-Un representante da Comunidade Autónoma de Galicia, designado pola consellería competente, por proposta da Academia Galega de Seguridad, de entre os profesionais da policía local de Galicia.

-Un funcionario especialista ou experto designado pola alcaldía, por proposta do Pleno.

-Un funcionario de carreira de titulación igual ou superior á esixida na praza obxecto da presente convocatoria, designado pola Alcaldía, por proposta do Pleno.

-Un representante dos traballadores no concello, designado polo seus órganos de representación.

Secretario: con voz, será o da corporación ou funcionario no que delegue.

5.2. Por cada un dos membros do tribunal designarase un suplente.

5.3. O tribunal non se poderá constituír nin poderá actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros titulares ou suplentes indistintamente.

5.4. Por proposta dos titulares dos organismos correspondentes, o nomeamento dos membros do tribunal farase por resolución da Alcaldía.

5.5. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir e comunicaranllo ó alcalde cando concorra algún dos motivos previstos no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e nas demais disposicións aplicables ó caso; poderán ser recusados polos aspirantes baseándose nos mesmos motivos e de conformidade con procedemento previsto no artigo 29 da Lei 30/1992.

5.6. Os integrantes do tribunal terán dereito, pola súa asistencia ás sesións, ó aboamento de asistencias, conforme o previsto no Real decreto 236/1988,

do 4 de marzo, e demais normas de actualización das contías que se establecen no anexo IV do citado real decreto. Neste sentido atribúese o tribunal avaliador á categoría cuarta.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para o bo desenvolvemento do concurso no non previsto nesta bases.

Base 6º.-Procedemento de selección.

6.1. Consistirá nunha fase única de concurso na que o tribunal avaliador procederá á valoración, segundo o baremo previsto no anexo I, dos méritos alegados e acreditados por cada aspirante.

A orde de actuación determinaraa o tribunal por sorteo celebrado inmediatamente antes do comezo da sesión.

Base 7ª.-Avaliación de méritos.

7.1. O tribunal cualificará os méritos alegados e xustificados segundo se determina na base 3.4. A puntuación total non poderá exceder de 20 puntos, sendo necesario un mínimo de 10 para aprobar.

7.2. Non se obterá unha puntuación superior á máxima prevista en cada apartado do baremo de méritos. A puntuación de cada apartado calcularase mediante a media aritmética dos puntos outorgado por cada membro do tribunal presente.

A cualificación definitiva de cada aspirante determinarase sumando a puntuación obtida en cada apartado do baremo de méritos.

7.3. Os méritos que se avaliarán xunto coa súa puntuación son os que figuran no anexo I destas bases.

Base 8ª.-Relación de aprobados.

8.1. Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación dos aprobados por orde de maior a menor puntuación. Os tribunais de selección non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior ó de prazas convocadas.

8.2. En calquera caso, para ser declarado apto e aprobado será necesario obter unha puntuación mínima de 10 puntos.

Se ningún aspirante alcanzara esta puntuación, quedará deserto o concurso e vacante a praza.

8.3. Será seleccionado o aspirante que obtivese maior puntuación.

8.4. Se dous ou máis candidatos obtiveran a mesma puntuación, procederase a desface-lo empate do seguinte xeito:

1º. Daráselle preferencia ó aspirante que durante máis tempo exercera función de mando na policía local de Cervo.

2º. En defecto do anterior criterio, preferirase o candidato que máis puntuación obtivera no curso da Academia.

3º. Pola súa vez, en defecto dos criterios precedentes, será preferido o candidato que sexa titular de maior titulación académica ou nivel de estudios.

8.5. Con sometemento pleno ás determinacións recollidas na base setima precedente e nos anteriores apartados desta base oitava, o tribunal declarará o aspirante seleccionado e elevará á Alcaldía-Presidencia proposta de nomeamento.

Base 9ª.-Presentación de documentos.

Os concursantes presentarán na secretaría da corporación, e dentro do prazo de 20 días naturais a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para participar no concurso se esixen na súa base segunda e que son os seguintes:

-Fotocopia do documento nacional de identidade, que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa.

-Fotocopia debidamente compulsada do título de graduado escolar ou de formación profesional de primeiro grao.

-Certificado acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o imposibilite para o exercicio das funcións propias do posto.

Ó teren que ser os aspirantes funcionarios públicos do Concello de Cervo, estarán exentos de xustifica-las condicións e requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento.

Se dentro do prazo indicado, e salvo causa de forma maior, os concursantes non presentaren a documentación esixida, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas actuacións seren prexuízo da responsabilidade na que puideran ter incorrido por falsidade na instancia.

Base 10ª.-Nomeamento e toma de posesión.

Cumpridos tódolos trámites anteriores, o funcionario seleccionado será nomeado funcionario en prácticas e realizará un curso de aptitude na Academia Galega de Seguridade, nos termos previstos no artigo 25.5º e 24 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais.

Superado o curso de aptitude na Academia Galega de Seguridade, a Alcaldía nomearao funcionario de carreira e o seu nomeamento publicarase no BOE. Tanto para o nomeamento de funcionario en prácticas como de funcionario de carreira, o aspirante seleccionado deberá tomar posesión no prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da notificación do nomeamento.

Se non tomara posesión no prazo indicado sen causa xustificada, non acadará a condición de funcionario de carreira e perderá tódolos dereitos derivados do nomeamento efectuado ó seu favor.

ANEXO I

BAREMO DE MÉRITOS

1. Por cada mes de servicio efectivamente prestados na policía local do Concello de Cervo, 0,30, ata un máximo de 5 puntos.

2. Por coñecemento da lingua galega acreditado documentalmente ou mediante proba para o efecto convocada polo tribunal, ata un máximo de 2 puntos.

3. Por cada 30 horas de cursos, cursiños, seminarios ou períodos de formación relacionados cos cometidos da policía local 0,50 puntos. A puntuación máxima outorgable neste apartado será de 3 puntos.

4. Por ser titular do permiso de conducir C-2, 3 puntos.

5. Por ter unha titulación académica de bacharelato superior ou superior 3 puntos.

6. Por cada mes acreditado exercendo xefatura ou mando na policía local 0,40 puntos, ata un máximo de 4 puntos.

Condición final.-A puntuación máxima que se pode obter será de 20 puntos.

Recursos.

Contra as presentes bases poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, podendo igualmente os interesados interpor calquera outro recurso que consideren procedente.

A convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser reclamados polos interesados nos casos e nas formas establecidas pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO II

SOLICITUDE

Para tomar parte nas probas selectivas para prover unha praza de cabo da policía municipal.

Don/Dona .... con DNI ... veciño/a de ... con domicilio para efectos de notificación en ..., nº de teléfono ...

EXPOÑO:

Que, informado/a da convocatoria para a provisión dunha praza de cabo da policía municipal de Cervo,

por vía de promoción interna, desexo participar nas probas e con tal obxectivo manifesto que:

1. Reúno todos e cada un dos requisitos da convocatoria.

2. Comprométome, para o caso de obte-la praza, a prestar compromiso formal de respecto ós dereitos das persoas e da estreita observancia da Constitución e do resto do ordenamento xurídico.

Igualmente, e para que a presente solicitude sexa admitida a trámite, xunto os seguintes documentos.

a) Fotocopia do documento nacional de identidade.

b) Dúas fotocopias tamaño carné de identidade.

c) Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado na Tesourería Municipal os dereitos de exame por importe de 15.000 ptas.

En ..., ... de ... 19...

3658