Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 01 de xullo de 1997 Páx. 6.385

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisorias do baremo do procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres.

O punto 34 da Orde do 25 de marzo pola que se convoca procedemento selectivo para ingreso ó corpo de mestres, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada,

en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación procede darlle publicidade. En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, a partir do día 4 de xullo de 1997, as puntuacións provisionais do baremo establecido na Orde de 25 de marzo de 1997.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1997.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

97-4993