Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1997 pola que se anuncia a concurso público 4/1997, procedemento aberto, as obras de reforma da Facultade de Ciencias no Campus da Zapateira. (Expediente 3009/1997).

Convócase a concurso público, procedemento aberto, polo trámite de urxencia, as obras de reforma da Facultade de Ciencias no Campus da Zapateira.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras por concurso público pódese retirar na xerencia, servicio de xestión económica, na sede do rectorado sita na rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se e día coincide en sábado, relizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: trescentos sesenta e oito millóns, setecentas sesenta e tres mil catrocentas sesenta e tres pesetas (368.763.463 ptas.).

Garantía provisional: sete millóns trescentas setenta e cinco mil duascentas sesenta e nove pesetas (7.375.269 ptas.).

Clasificación: grupo C, categoría d.

Prazo de execución: 18 meses.

A Coruña, 19 de xuño de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

5105