Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997 pola que se anuncia a concurso público 4/1997, procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación dun seguro de accidentes para os alumnos da universidade. (Expediente 4009/1997).

Convócase a concurso público, polo trámite de urxencia, para a contratación dun seguro de accidentes para os alumnos da universidade.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación por concurso público pódese retirar na xerencia, servicio de xestión económica, na sede do rectorado sita na rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: seis millóns cincocentas mil pesetas (6.500.000 ptas.)

Garantía provisional: cento trinta mil pesetas (130.000 ptas.).

A Coruña, 18 de xuño de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

5104