Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncian contratacións, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente para a adquisición de aparellos médicos (expediente 19/1997), adquisición de aparellos e mobiliario clínico (expediente 20/1997), para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da orden da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) convoca os seguintes concursos:

-Expediente 19/97:

1. Obxecto: adquisición de aparellos médicos.

2. Orzamento: 31.900.000 ptas., IVE incluido.

-Expediente 20/97:

1. Obxecto: adquisición de aparellos e mobiliario clínico.

2. Orzamento: 16.944.000 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a notificación da adxudicación do contrato.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas na subministración.

5. Garantía provisional: 2% de cada unha das partidas ás que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio)

10. Criterios de adxudicación:

a) 1. Calidade: ata 4 puntos.

2. Funcionalidade/manexo: ata 4 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 1 punto.

4. Servicio: ata 2 puntos.

5. Grao de implantación: ata 2 puntos.

b) Prezo: ata 10 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Sub

ministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº (986) 81 60 23 e fax nº (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral as 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 10 de xuño de 1997.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo

5062