Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Empresarios de Residencias de Mayores.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Empresarios de Residencias de Mayores que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os empresarios persoas físicas ou xurídicas, titulares de residencias, establecementos ou servicios dedicados á acollida, asistencia, tratamento e benestar de persoas con limitacións producidas pola idade.

Asinan a acta de constitución: Juan Antonio Moya Mateo, e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

5063