Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.344

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1997 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (praza 97/014 e quince máis).

De conformidade co establecido no artigo 38.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), polo que se regulan os concursos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado resolveu convocar concurso para a provisión das prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), corrixido parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985), e, no non previsto, pola

lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós ditos concursos cómpren os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións cós españois:

Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, logo de acreditación da nacionalidade conforme o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.

Logo de acreditación, os nacionais daqueles estados nos que en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitución da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os sesenta.

c) Non ter sido separado, por expediente disciplinario, do servicio da Administración do Estado ou da Administración autónoma, institucional ou local, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 2º, do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría das prazas e a clase do concurso e, no seu caso, titulación suficiente debidamente recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia para o exercicio profesional en España como profesor universitario.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, de acordo co previsto no artigo 4.1º c) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acredita-lo feito de seren eximidos de tales requisitos.

Non poderá concursar ás prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudante desta universidade, coas excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (Boletín Oficial del Estado do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Os que desexen tomar parte neste concurso remitiranlle a correspondente solicitude ó rector da Universidade da Coruña por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), no prazo de vinte días

hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado mediante instancia, segundo o modelo do anexo II debidamente cuberto, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustifica-lo aboamento na conta corrente 17957982, concursos-oposicións, Caixa Postal, oficina principal da Coruña, a cantidade de 9.180 pesetas por dereitos de inscrición, xuntándose á solicitude o resgardo acreditativo do ingreso.

Quinta.-Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), remitiralle a tódolos aspirantes unha relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas da exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar unha reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a constitución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha anticipación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que son citados, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución daquela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación dos concursantes e con fixación do día, hora e lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, corrixido polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, se é o caso, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de concluí-la actuación da comisión, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou documento equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración de que non foi separado da Administración do Estado, institucional ou local, nin das administracións das comunidades autónomas, en virtude de expediente disciplinario, e non atoparse inhabilitado para o exercicio da función pública.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar tales documentos e requisitos, e deberán presentar unha certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

A Coruña, 5 de xuño de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Praza número: 97/014.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: metodoloxía das ciencias do comportamento.

Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en análise de datos en psicoloxía.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/015.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: socioloxía.

Departamento ó que está adscrita: Socioloxía e Ciencia Política da Admón.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en socioloxía da educación.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/016.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía española.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Española e Latina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en literatura hispanoamérica (século XIX-XX).

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/017.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía española.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Española e Latina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en literatura española (século XVI-XVII).

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/018.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía española.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Española e Latina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en gramática do español.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/019.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía latina.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Española e Latina.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en filoloxía latina.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/020.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito eclesiástico do Estado.

Departamento ó que está adscrita: Ciencias Xurídicas Fundamentais.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en dereito canónico.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/021.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: dereito administrativo.

Departamento ó que está adscrita: Dereito Público Especial.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en dereito administrativo.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/022.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: fundamentos da análise económica.

Departamento ó que está adscrita: Análise Económica.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en teoría económica.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/023.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: psicoloxía evolutiva e da educación.

Departamento ó que está adscrita: Psicoloxía Evolutiva e da Educación.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en psicopedagoxía da lectura e escritura.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/024.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: socioloxía.

Departamento ó que está adscrita: Socioloxía e Ciencia Política da Admón.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en socioloxía xeral.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/025.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: didáctica das ciencias experimentais.

Departamento ó que está adscrita: Pedagoxía e Didáctica CC. Experimentais.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en ciencia da natureza e a súa didáctica.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/026.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: fundamentos da análise económica.

Departamento ó que está adscrita: Análise Económica.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en teoría económica (1º ciclo) na Facu. de CC. Económicas.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/027.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: fundamentos da análise económica.

Departamento ó que está adscrita: Análise Económica.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en teoría económica (1º ciclo) na Facu. de CC. Económicas.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/028.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: construccións arquitectónicas.

Departamento ó que está adscrita: Construccións Arquitectónicas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materiais construcción II e ensaios.

Clase de convocatoria: concurso.

Praza número: 97/029.

Número de prazas: 1.

Corpo: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: construccións arquitectónicas.

Departamento ó que está adscrita: Construccións Arquitectónicas.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materiais construcción I.

Clase de convocatoria: concurso.

4634