Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 30 de xuño de 1997 Páx. 6.344

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 20 de xuño de 1997, do tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo da categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 19 de xuño de 1995, relativo á publicación de puntuacións do cuarto exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto no apartado 12 da base sexta A) da Resolución do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), este tribunal anuncia a publicación dos resultados do cuarto exercicio da fase de oposición, tendo en conta que, de conformidade coa citada convocatoria, tódolos presentados a este último exercicio teñen a condición de aptos.

As listas correspondentes atópanse expostas nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, e nos dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do organismo ou nos das administracións dos centros de xestión de atención primaria deste.

Non obstante, de presentarse algunha solicitude de comprobación ou revisión da puntuación outorgada, a estimación ou desestimación, se é o caso, delas entenderase implícita no acordo do tribunal que publique a conclusión da fase de oposición.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1997.

Valeriano Martínez García

Presidente do tribunal

4653