-Obxeto: redacción de proxecto básico e de execución.
-Obra: ampliación do centro de saúde de Nigrán (Pontevedra).
-Orzamento da contrata: 2.832.234 ptas.
-Prazo de execución: 3 meses.
-Clasificación do contratista: non se esixe.
-Garantía definitiva: non se esixe.
-Forma de tramitación: urxente.
Exposición da documentación: poderá examinarse na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) o nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.
Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por el, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de compostela, 16 de xuño de 1997.
P.D. (Decreto 64/1996, do 15 de febreiro)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral de Recursos Económicos
4978