Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento de urxencias e hospitalización para os hospitais comarcais Costa da Morte (Cee) e A Barbanza (Ribeira) (SCC. 28/1997). (7 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (Dirección Xeral de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 67, fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: hospitais comarcais Costa da Morte (Cee) e Barbanza (Ribeira).

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: equipamento de urxencias e hospitalización.

Orzamento total: noventa e nove millóns catrocentas setenta e sete mil duascentas pesetas, IVE incluído (99.477.200 pesetas, IVE incluído).

Lote nº 1: 48.907.200 pesetas.

Lote nº 2: 9.370.000 pesetas.

Lote nº 3: 8.910.000 pesetas.

Lote nº 4: 4.000.000 pesetas.

Lote nº 5: 5.700.000 pesetas.

Lote nº 6: 18.000.000 pesetas.

Lote nº 7: 4.590.000 pesetas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente exposto: 30 días.

5. a) Nome e dirección do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 28-7-1997.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 4-8-1997.

b) Dirección á que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: ás 10 horas, nas dependencias do Servicio Galego de Saúde do día 18-8-1997.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Lote nº 1: 978.144 pesetas.

Lote nº 2: 187.400 pesetas.

Lote nº 3: 178.200 pesetas.

Lote nº 4: 80.000 pesetas.

Lote nº 5: 114.000 pesetas.

Lote nº 6: 360.000 pesetas.

Lote nº 7: 91.800 pesetas.

Licitando a los siete lotes: 1.989.544 pesetas.

Definitiva:

Lote nº 1: 1.956.288 pesetas.

Lote nº 2: 374.800 pesetas.

Lote nº 3: 356.400 pesetas.

Lote nº 4: 160.000 pesetas.

Lote nº 5: 228.000 pesetas.

Lote nº 6: 720.000 pesetas.

Lote nº 7: 183.600 pesetas.

Licitando a los siete lotes: 3.979.088 pesetas.

9. Modalidades esenciais de finaniamento e pago ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de claúsulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a abaliacio das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubrir a enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características técnicas do equipo ofertado: ata 70 puntos.

2. Relación características técnicas-prezo equipo: ata 10 puntos.

3. Características do servicio de asistencia técnica e mantemento do equipo: ata 15 puntos.

4. Posibilidade de incorporar no futuro ós equipos melloras tecnolóxicas sen cargo adicional para o usuario: ata 5 puntos.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15.-Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 11-6-1997.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

4975