Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento de bloque cirúrxico e paritorio para os hospitais comarcais Costa da Morte (Cee) e A Barbanza (Ribeira) (SCC. 24/1997). (5 lotes).

1. Nome e dirección do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 67, fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: hospitais comarcais Costa da Morte (Cee) e A Barbanza (Ribeira)

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: moblaxe xeral.

Orzamento total: cento vintesete millóns oitocentas vinteseis mil ptas. IVE incluído (127.826.000 ptas., IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente exposto: 30 días a partir da data de notificación da adxudicación.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitar os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 28-7-1997.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 4-8-1997.

b) Enderezo á que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de dita apertura: 18-8-1997, ás 10 horas, nas dependencias do Servicio Galego de Saúde.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Lote nº 1: 766.000 ptas.

Lote nº 2: 900.000 pesetas.

Lote nº 3: 94.000 pesetas.

Lote nº 4: 488.740 pesetas.

Lote nº 5: 307.780 pesetas.

Licitando ós cinco lotes: 2.556.520 ptas.

Definitiva:

Lote nº 1: 1.532.000 pesetas.

Lote nº 2: 1.800.000 pesetas.

Lote nº 3: 188.000 pesetas.

Lote nº 4: 977.480 pesetas.

Lote nº 5: 615.560 pesetas.

Licitando ós cinco lotes: 5.113.040 pesetas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reunir o provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubrir a enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características técnicas do equipo ofertado: ata 70 puntos.

2. Relación caractísticas técnicas-prezo equipamento: ata 10 puntos.

3. Características do servicio de asistencia técnica e mantemento do equipo: ata 15 puntos.

4. Posibilidade de incorporar no futuro ós equipamentos melloras tecnolóxicas sen cargo adicional para o usuario: ata 5 puntos.

14. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 11-6-1997.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

4534