Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto para a contratación dunha subministración de material para neuroradioloxía. (C.P. 37/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, número de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta terceira da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono (981) 17 80 73. Telefax (981) 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elexida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van a subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): contratación dunha subministración de material para neuroradioloxía.

Orzamento total: 48.391.485 ptas. (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 8 lotes, que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:

Lote 1.-Coils GDC grupo 1, 2, y 3: 20.316.280 ptas.

Lote 2.-Microcatéteres de navegación por fluxo... (1.2-1.5-1.8): 8.360.000 ptas.

Lote 3.-Microc. D/Xiro: Traq. dobre marca Standard.: 2.896.975 ptas.

Lote 4.-Microc. D/Xiro: Traq. marca Hidrófilo 10 FR.: 1.767.660 ptas.

Lote 5.-Microc. D/Xiro: Traq.D.marca Hidrófilo 18 FR.: 4.643.240 ptas.

Lote 6.-Microguías específicas: 4.271.775 ptas.

Lote 7.-Microembosferas: 3.336.780 ptas.

Lote 8.-Catéter guía brando: 2.798.7775 ptas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: a primeira entrega ós 15 días da adxudicación, o resto farase segundo necesidades comunciadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de concidicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 23 xullo 1997.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: 31 xullo 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do Hospital Juan Canalejo. Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas na que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa o Hospital Juan-Canalejo). Xubias de Arriba, 84-15006. A Coruña. As 10 horas do día 11 de agosto de 1997.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos materiais: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Informacion complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información

previa ou mención da súa non publicación: non se fixo anuncio indicativo.

17. Data de envío do anuncio: 9 de xuño de 1997.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

A Coruña, 2 de xuño de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

4737