Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1997 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, para a subministración de equipos informáticos.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de subministración de equipos informáticos, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego de Estatística.

Servicio de Xestión Económica.

Nº de expedientes: 97.05.0062.

2. Obxecto do contrato.

Descripción: subministración de diversos equipos de hardware e software para o sistema informático do IGE.

Número de unidades: 1 servidor PC, 6 PCs básicos, 1 PC independente, 1PC para GIS, 1 impresora láser, 1 impresora de chorro de tinta a cor.

Lugar de entrega: nas dependencias do IGE.

Prazo de entrega e instalación: un mes.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

Ordinaria.

Concurso público.

Aberto.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: 4.300.000 pesetas.

5. Garantía provisoria: 86.000 pesetas.

6. Requisitos específicos do contratista: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. CP 15702. Tlf.: 54 13 21, e fax: 54 13 23.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 26 días contados a partir do seguinte o da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 á 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas: o décimo día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12h e nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1997.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

4682