Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1997 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, da obra de reparacións nos bloques 1, 5, 6, 7, 10 e 11 no polígono de Coia, rúa de Bueu e rúa Moaña en Vigo, Pontevedra. (Expediente PO-96/REP07).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas faise público que, por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo de 9 de xuño de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 6 de abril de 1995, lle foi adxudicado o contrato á empresa Construcciones Ramírez, S.L., por un importe de cincuenta e cinco millóns oitocentas corenta e sete mil (55.847.000) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1997.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

4716