Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/20-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Alcabre-Matadoiro.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV, de 55 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. ó C.T. estación de bombeo, rematando no C.T. que se proxecta en Alcabre-Matadoiro, concello de Vigo. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridad establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións qu constan nos expedientes.

Pontevedra, 28 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4970