Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52370).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, 2, A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que segue:

Liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de madeira e de formigón ou baixo tubo, con orixe na liña Tambre II-Noia a Lousame no apoio número 17, e final no C.T. que se vai instalar en Seoane, cos seguintes tramos:

-De 352 m de lonxitude e con conductor de Cu de 10 mm sobre apoios de madeira entroncando no apoio número 17.

-De 120 m de lonxitude e conductor de Al-95 mm, subterránea e baixo tubo.

-De 986 m de lonxitude e con apoios metálicos e de formigón desde a subterránea o C.T. de Seoane.

-Centro de transformación aéreo sobre apoio metálico, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Seoane, con rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 556 m de lonxitude (Lousame).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 19 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4668