Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/74-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitude: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Areíña-Venda.

Situación: Gondomar.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 139 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio 19, que se vai substituír, da L.M.T. ó C.T. Areíña, rematando no C.T. que se proxecta en Areíña-Venda, concello de Gondomar, C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V. R.B.T. de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4666