Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de xuño de 1997, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00004-I-97).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas pola Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral

de Obras Públicas e Transportes dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27-11), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1997.

Juan Girón Astray

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00004-I-97

M-5563-JT

LE90R0033305733

María Belén Sancho García

Praza da Ría 2-3º F,

O Burgo

15189 Culleredo

(A Coruña)

Realizar transporte privado complementario de mercadorías (roupa deportiva), carecendo de autorización administrativa (vehículo lixeiro).

12-12-1996; 11.35; N-VI; 515,800

103 LOTT

158 RXTO

143 LOTT

201 RXTO

25.000 ptas.

4789