Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 27 de xuño de 1997 Páx. 6.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1997 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, dunha asistencia técnica para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia.

1. Obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia.

2. Prazo de execución: un ano.

3. Orzamento de licitación: 290.000.000 millóns de pesetas (aproximadamente).

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central del complejo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

5. Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

6. Fianza provisonal: 5.800.000 pesetas.

7. Fianza definitiva: 11.600.000 pesetas.

8. Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 14 de agosto de 1997.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación da asistencia técnica para a composición, impresión, publicación e distribución do Diario Oficial de Galicia, que presenta ... en nome ....(propio ou da entidade que representa)».

10. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 20 de agosto de 1997.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

4788