1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.
2. Categoría da asistencia e descrición: categoría 13, nº de referencia CCP 871.
Contratación dunha consultoría e asistencia para divulgación sanitaria do Servicio Galego de Saúde.
Orzamento total: 60.000.000 de ptas., IVE incluído.
3. a) Lugar de execución: no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Requisitos específicos do contratista:
Clasificación esixida ós empresarios españois: grupo III, subgrupo 3, categoría D.
Para os empresarios de estados membros da Comunidade Europea, observarase o disposto no artigo 25.2º da Lei de contratos das administracións públicas.
Para as empresas extranxeiras non comunitarias, observarase o disposto no artigo 23 da Lei de contratos das administracións públicas.
5. Indicacións relativas á posibilidade de licitar por partes o pola totalidade do obxeto do contrato: pola totalidade.
6. Número de empresas ás que se pretende invitar para presentar ofertas: quince.
Admisión de variantes: non se admiten variantes.
8. Duración do contrato no prazo para realiza-lo servicio: 4 meses desde a formalización do contrato.
9. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.
10. a) Procedemento de urxencia.
b) Data límite de recepción das solicitudes de participación: 10 de xullo de 1997.
c) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. (D. Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.
d) Lingua o linguas nas que deben redactarse: castelán ou galego.
11. Data límite de envío das invitacións para presentar propostas: 22 de xullo de 1997.
12. Garantías esixidas: (en proceso de invitación da presente proposta): garantía provisional 2% do orzamento de licitación.
13. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Criterios que se referirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas. Cláusula 13.
15. Información complementaria: no enderezo e servicio indicados no punto 1.
16. Data do envío do anuncio: 24 de xuño de 1997.
17. Data de recepción do anuncio pola OPOCE: 24 de xuño de 1997.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1997.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral de Recursos Económicos
4955