Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.235

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 18 xuño de 1997 pola que se anuncian, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, as seguintes contratacións: amoblamento de bibliotecas públicas municipais en Ribadeo, Taboada (Lugo) e Baiona, O Porriño (Pontevedra) e transporte de obras de arte da exposición Speculo humanae vitae.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, as contratacións seguintes:

-Amoblamento de bibliotecas públicas municipais en Ribadeo, Taboada (Lugo) e Baiona, O Porriño (Pontevedra):

Orzamento de licitación: cinco millóns catrocentas sesenta e seis mil setecentas setenta pesetas (5.466.770 ptas). IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) mes.

Fianza provisional: cento nove mil trescentas trinta e cinco pesetas (109.335 ptas.).

-Transporte de obras de arte da exposición Speculo humanae vitae:

Orzamento de licitación: oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Fianza provisional: non se esixe.

Exposicións dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte o da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo , haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1997.

José Mª. Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

5052