Convocada, pola Orde do 4 de abril de 1997 (DOG nº 75, do 21 de abril), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anunciada pola Orde do 4 de abril de 1997 (DOG nº 75, do 21 de abril).
Segundo.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de
decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Apelidos e nome: Miñones Conde, Mª José.
N.R.P.: 3327356424 A2051.
Grupo: B.
Nivel C.D.: 25.
Corpo ou clase: xestión da Xunta de Galicia.
Posto de traballo: inspector de Servicios Sociais.
Dependencia: Dirección Xeral de Servicios Sociais.
Localidade: Santiago de Compostela.
Apelidos e nome: Rodríguez Díez, Enrique Victorino.
N.R.P.: 1084940946 A2060.
Grupo: A.
Nivel C.D.: 28.
Corpo ou clase: superior da Xunta de Galicia.
Posto de traballo: xefe do Servicio de Xestión Económica.
Dependencia: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Localidade: Lugo.
4896