Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.205

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais do baremo dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

A base común 7 da Orde do 19 de marzo de 1997 pola que se convocan procedementos selectivos para ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, e profesores técnicos de formación pro

fesional, en espectativa de ingreso, establecen que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación procede darlle publicidade. En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, a partir do día 25 de xuño de 1997, as puntuacións provisorias dos baremos establecidos na Orde do 19 de marzo de 1997.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse unha reclamación no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1997.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

4897