Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a composición da comisión avaliadora das axudas convocadas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios.

Por Orde do 31 de marzo de 1997 (DOG nº 73, do 17 de abril), convócanse axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios matriculados nunha das tres universidades galegas durante o curso 1996/1997, así como para os galegos que residan fóra de Galicia e os seus descendentes que queiran cursar estudios universitarios nunha das tres universidades galegas no curso 1997-1998, establecéndose que a Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora, facendo pública a súa composición con anterioridade á resolución da convocatoria. Por todo iso, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Facer pública a composición da comisión avaliadora das axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, que queda integrada polas persoas que a continuación se relacionan:

-Presidente: Eleutino Álvarez Álvarez, subdirector xeral de Universidades.

-Vocais:

Manuel González Sarceda, vicerrector de estudiantes e servicios de alumnado, bolsas, extensión universitaria e publicacións da Universidade da Coruña.

Amelia Paz González Méndez, vicerrectora de estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela.

José Ángel Vázquez Barquero, vicerrector de innovación educativa e estudiantes da Universidade de Vigo.

Xavier Valiño García, xefe do servicio de Coordinación do Sistema Universitario, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

-Secretaria, que actuará con voz e voto, Elena Goldar Pazos, funcionaria do Servicio de Coordinación do Sistema Universitario.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1997.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

4925