Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 10 de xuño de 1997 pola que se declara alleable unha parcela de terreo de 5.750 metros cuadrados, que forma parte do soar ocupado polo instituto de bacharelato de Santa Marta de Ortigueira (A Coruña).

A Asociación pro Minusválidos do Ortegal (Aspromor), solicitou a cesión dunha parcela de terreo de 5.750 metros cadrados, pertencente ó soar onde se sitúa o instituto de bacharelato de Santa Marta de Ortigueira, do que é titular a Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 99/1997, do 10 de abril (DOG, do 2 de maio) polo que se desafecta a dita parcela de terreo, que forma parte do soar ocupado polo instituto de bacharelato de Santa Marta de Ortigueira, (A Coruña). Por isto, unha vez adquirida a natureza patrimonial e co obxecto de posibilita-la súa cesión, cómpre, segundo o artigo 24 da citada Lei 3/1985, e 60 e ss. do seu regulamento, proceder á súa declaración de alleabilidade.

En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declárase a alleabilidade da parcela que se describe a continuación: parcela de 5.750 metros cadrados, sita no paseo Barro Soto, de Santa Marta de Ortigueira. Lindes: norte coa rúa número un; sur paseo de Barro Soto; leste resto do soar do instituto e oeste terreos do concello e cuartel da Garda Civil.

Segundo.-A dita parcela forma parte do soar onde se sitúa o instituto de bacharelato de Santa Marta de Ortigueira, inscrito no Rexistro da Propiedade de Ortigueira no tomo 221, libro 132 de Ortigueira, folio 2, predio 14.984, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

4742