Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1997 pola que se anuncia concurso público aberto, por trámite de urxencia, para a contratación da asistencia técnica para a elaboración dunha análise e estudio de campo sobre necesidades e custos das comunicacións nos portos e instalacións dependentes do Ente Público Portos de Galicia.

1. Entidade Adxudicadora:

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia, praza de Europa nº 5 A, 6º e 7º, Área Central, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a elaboración dunha análise e estudio de campo sobre necesidades e custos das comunicacións nos portos e instalacións dependentes do Ente Público Portos de Galicia.

b) Lugar de execución: portos dependentes do Ente Público Portos de Galicia.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Modalidade de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 5.400.000 ptas.

5. Fianzas:

a) Fianza provisional: 2%, orzamento de licitación 108.000 ptas.

b) Fianza definitiva: 4%, orzamento de licitación 216.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa , nº 5 A, 6º e 7º, Área Central, polígono das Fontiñas.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Teléfono: (981) 54 45 02.

Telefax: (981) 54 53 57.

Data límite de obtención de documentos e información: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou en sábado, o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día

seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de cláusulas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

d) Prazo durante o cal o licitador terá a obriga de mante-la súa oferta:

Durante 45 días contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas:

Na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 do presente anuncio.

A mesa de contratación reunirase ás 12 horas do décimo día natural, contado desde o seguinte á fin do prazo de admisión de proposicións expresado neste anuncio. De coincidir en día inhábil ou en sábado, o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

A mesa de contratación cualificará previamente a documentación do sobre A e publicará no taboleiro de anuncios do Ente Público Portos de Galicia, en Área Central, praza de Europa 5 A-6º, 15707 Santiago de Compostela, o resultado da dita cualificación para que se emenden, dentro do prazo que se sinale, os defectos materiais observados na documentación.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

4892