Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 1/97).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1968, 2619/1966, 2366/1994 y 205/1995, polos que se regulan as instalacións eléctricas e o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Desarrollos Eólicos, S.A., con domicilio social en Avda. da Buhaira, 2, 41018 Sevilla, para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento de instalación eléctrica acollida ó réxime especial, as instalacións eléctricas que se van implantar no denominado parque eólico de Corme, no municipio de Ponteceso dentro da poligonal cerrada de vértices:

V(0.501.330 W, 4.791.720 N), V(0.502.380 W, 4.792.730 N), V(0.503.700 W, 4.793.350 N), V(0.505.400 W, 4.792.820 N), V(0.506.550 W, 4.791.930 N), V(0.505.500 W, 4.791.110 N), V(0.502.000 W, 4.790.500 N).

As instalacións eléctricas seguintes:

-70 aeroxeradores, máis 6 de reserva, de 300 kW de potencia nominal e 21 MW de potencia total.

-Centros de transformación de potencias nominais de 1250 ou 1600 kVA e tensións de 660/20.000 V conectando grupos de 2, 3 ou 4 aeroxeradores.

-Subestación eléctrica 20/66, equipada con transformador de potencia para 21 MW.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4889