Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/46-2-4714 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Diez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Lamparte, Sampaio e Vilela.

Situación: Sarria.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha

lonxitude de 1.131 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al, para mellora do servicio eléctrico en Lamparte, Sampaio e Vilela, concello de Sarria.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 16 de abril de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4489