Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/45-2-4713 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Diez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. en San Lucas.

Situación: Chantada.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 730 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 100 kVA 20.000/380-220 V, para mellora do servicio eléctrico en San Lucas, concello de Chantada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 7 de abril de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4494