Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Martes, 24 de xuño de 1997 Páx. 6.055

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 4 de xuño de 1997 pola que se declara de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado por Cerámica Celta, S.L. consistente na construcción de pezas en porcelana que representan a traslación do Apóstolo Santiago desde Jaffa en Palestina ata o porto fluvial de Iria Flavia.

O Decreto 245/1994, do 23 de xuño, regula o procedemento para que determinadas actividades e proxectos obteñan a declaración de interese para a promoción do Camiño de Santiago.

A súa disposición derradeira primeira faculta o conselleiro de Cultura e Comunicación Social para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

En virtude da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado por Cerámica Celta, S.L., consistente na construcción de pezas en porcelana que representan a tras

lación do Apóstolo Santiago desde Jaffa en Palestina ata o porto fluvial de Iria Flavia, por considerar que se adapta ó disposto no Decreto 245/1994, do 23 de xuño, segundo a valoración feita pola comisión creada para o efectos por Resolución do 25 de febreiro de 1997.

O proxecto queda inscrito no rexistro de actividades e proxectos de interese para a promoción do Camiño de Santiago co número 019.

Os titulares das actividades ou proxectos declarados farán constar na execución destes que foron declarados de interese pola Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

4747